Gerardo Alonso presenta ante o defensor do Pobo a solicitude de anulación do pacto antitransfuguismo

O concelleiro e tenente de alcalde do Concello de Mos, Gerardo Alonso, presentou hoxe en Madrid ao defensor do Pobo a solicitude de anulación do pacto antitransfuguismo e recurso de inconstitucionalidade por, segundo expón no informe, “vulnerar os dereitos constitucionais de tutela xudicial efectiva e representación política recollidos nos artigos 22 e 23 do noso Texto Constitucional”.
Na solicitude enviada integramente a este xornal expón polo miúdo os feitos que lle levaron a presentar a devandita solicitude. No punto segundo relata que en agosto de 2008, “considerando que os integrantes da formación política pola que fun elixido non estaban respectando o seu programa electoral, tras profundas desavenencias cos meus compañeiros sobre o que entendo son os verdadeiros intereses dos veciños de Mos, decido abandonar o partido político e o grupo político en que me integrara”. A partir daquí Alonso, logo de relatar a súa decisión de apoiar a moción de censura levado a cabo polo PP no municipio, di como a raiz dunha denuncia presentada polo PSOE en xullo de 2009, “unha aberración político-administrativa denominada Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo, tras someter a “estudo” a citada moción de censura no concello de Mos, en conivencia co Ministro de Política Territorial e sen posibilidade de recurso algún, declaroume tránsfuga, considerando “beneficiario” aos concelleiros do PP.
“¿Onde está a notificación do acordo? ¿onde o recurso? ¿cales son as miñas vías de defensa? “a que órgano xuridiscional podo dirixirme? ¿Que lexitimidade ten a comisión antitrasfuguismo?” pregúntase Gerardo Alonso no punto sexto da súa declaración. “É delirante que aos partidos políticos se lles permita pervertir o dereito constitucional de representación condenando ao ostracismo e á asfixia, aniquilando politicamente a quen ouse discrepar do seu ditado”, sinala máis adiante.
Logo dunha longa exposición na que busca a súa defensa debullando artigos da Constitución, na última páxina da solicitude (son catro folios), Gerardo Alonso solicita ao defensor do Pobo que “proceda a suxerir ao Ministro de Política Territorial a revisión de oficio e subseguinte anulación do denominado Pacto Antitransfuguismo subscrito polo Ministro de Administracións Públicas e diversas formacións políticas no 1998 e renovado no ano 2006, por vulnerar os dereitos constitucionais de tutela xudicial efectiva e representación política recollidos nos artigos 22 e 23 do noso Texto Constitucional”.

Isto é denigrante, inda por riba do que fixo este persoaxe insúltanos agora deste xeito a tódolos veciños e veciñas de Mos decindo que o fixo para velar polos nosos intereses. Cada día tes menos vergoña TRÁNSFUGAAAAAAAAAAAAAAAAAA
TRANS-FU-GA alto e claro
Pa mexar e non votar gota.