A Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño convoca para hoxe unha nova concentración

concentracion_mocion00

 :: Será ás 20:00h. na Praza do Concello ::

A Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño convoca para hoxe venres, ás 20:00h. na Praza do Concello unha nova concentración rexeitando a moción presentada polos tres grupos de centrodereita que o vindeiro luns será debatida nun pleno extraordinario.

Desde a Plataforma , animan a esa “inmensa maioría de veciños e veciñas en desacordo coa moción, incluídas as persoas que nas últimas eleccións depositaron a súa confianza nuns partidos da dereita que traizoaron o seu mandato, a participar dos actos de protesta convocados”.

PUBLICIDADE

Un Comentario a “A Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño convoca para hoxe unha nova concentración”