Manuel Carrera: ” O PP decidiu ser máis xeneroso que os outros partidos porque entende que o cambio é o mellor para O Porriño”

Ramón CouñagoPortavoz.-PP-de-O-Porriño

-Por que unha moción de censura agora?

-A moción de censura é necesaria porque un goberno en minoría non pode levar a cabo a xestión dos orzamentos. Hai que  darse de conta que O Porriño leva dous anos sen orzamentos, os últimos que se aprobaron foron no 2008. No 2009 nen sequera se presentou ningún orzamento. Un oncello como O Porriño non pode estar nesta situación porque isto afecta ás inversións. Estamos vendo o caso, por exemplo, de subvencións da Xunta de Galicia que non poden ser levadas a cabo dende o concello porque este non ten un orzamento prantexado para esas inversións. O Concello do Porriño precisa un goberno en maioría para respaldar calquer partida ou proxecto que se presente. Un goberno en maioría ofrece maior estabilidade. Os investimentos teñen mellor garantía nun goberno en maioría e o actual non o é.

-Tanto BNG como PSdeG, din que vostedes seguen a estar enfrontados…

-É lóxico que a esquerda trate de acusarnos porque para eles é un problema que a dereita se entenda. Nos témonos reunido e todos estamos de acordo en levar adiante esta moción de censura polo que os problemas personais quedan apartados nun lado. Nós temos que buscar soamente o beneficio para O Porriño. Será en maio do 2011 cando o pobo do Porriño teña que evaluar  si efectivamente, a moción de censura serviu, ou non, para algo.

-O alcalde non vai ser o cabeza de lista da agrupación máis votada…

-Ciudadanos por Porriño puxo a condición de que para entrar no acordo para a moción de censura tiñan que ostentar eles a alcaldía e, a pesar de que esta lle correspondería ao PP, hai deixar a un lado os personalismos. O PP decidiu ser máis xeneroso que os outros partidos porque entende que o cambio é o mellor que lle pode pasar ao Porriño. Nós buscamos a estabilidade e despois, no 2011, Deus dirá. Para min, como presidente do PP do Porriño, era un obxectivo fundamental conseguir a unión do centro-dereita. Un dos meus maiores obxectivos nesta lexislatura era conseguir esta unión. Desexamos que nas próximas municipais se presenten os tres partidos maioritarios, BNG, PSdeG e PP, e aí verase claramente cal é a forza que ten maior respaldo.

-É Nelson Santos a solución para resolver os problemas que vostedes din que ten o municipio?

-Eu creo que non debemos personalizar, nin en Nelson Santos, nin en Manuel Carrera, nin en Gonzalo Ordóñez.  Nelson Santos vai a ser o responsable dun equipo forte, dun equipo con ganas de traballar que tentará dar solución aos problemas do concello.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.