O Grupo do BNG do Porriño considera que o Pleno da Moción de Censura incumpre a Lei

mani2_1

:: Arredor de 400 persoas participan na manifestación convocada pola Plataforma Contra a Moción de Censura ::

O Grupo Municipal do BNG do Porriño, ven de presentar no Rexistro do Concello un Recurso contra a Convocatoria do Pleno Extraordinario da Moción de Censura, porque nela se incumpren gravemente as condicións que marca a lei para a súa presentación.

Segundo indican os nacionalistas,  figura da Moción de Censura está recollida de xeito moi claro na lei da administración local vixente “con dous requisitos básicos”‘ Tal e como apuntan a través dun comunicado, o primeiro requisito indica que no escrito que se entregue no Rexistro, deberán figurar as sinaturas dos concelleiros e concelleiras que a presentan. No caso da Moción presentada no Porriño non figuran as sinaturas de ningún dos nove presuntos asinantes, nin copia da acta desta sinatura. O segundo requisito indica que a Moción, unha vez validada polo Secretario Municipal, debe ser entregada no Rexistro Xeral do Concello por algún dos asinantes da mesma. No caso da Moción presentada no Porriño, esta foi entregada no Rexistro por unha Notaria.

 No expediente que vai a Pleno este Luns, hai simplemente unha acta de notificación e requerimento dunha notaria, “e non se cumpre polo tanto ningunha das dúas condicións que esixe a lei para que a moción se considere presentada”, indican os nacionalistas porriñeses. ”Ao noso entender, no Porriño convocouse un Pleno para discutir unha moción de censura que non foi presentada, e polo tanto existen dúbidas moi razoábeis de que o que se decida no citado Pleno teña validez”, indican.

 Dende o Grupo municipal do BNG advirten que que “a ignorancia da lexislación que rexe a administración local mostrada polos concelleiros e concelleiras que presentan a censura abre un proceso, de celebrarse o Pleno, de grave inseguridade xurídica no Concello do Porriño, podendo provocar, si se persiste na celebración do mesmo, que a partires do día 1 de febreiro teñamos un Alcalde non lexitimado pola normativa vixente, e que todos os seus acordos sexan nulos de pleno dereito”

O Grupo Municipal do BNG “non desexa” que o Concello do Porriño entre nesta “grave situación”, e insta ao candidato a Alcalde e aos oito membros da Corporación que apoian esta moción, a que presenten correctamente o seu escrito como marca a lei, para non poñer en risco a legalidade dos actos administrativos do Concello, e a estabilidade da institución. “De non se facer así, e logo de terlle comunicado por escrito á Secretaría do Concello esta irregularidade, e enviada comunicación á Dirección Xeral da Administración Local, non nos facemos responsábeis do que poida acontecer, e polo ben da institución, adoptaremos as medidas legais que consideremos oportunas”, rematan.

A manifestación de onte

Preto de 400 persoas déronse cita onte na Praza do Concello para rexeitar a moción de censura que se debatirá o vindeiro luns no salón de plenos do consistorio. Convocados pola “Plataforma Contra a Móción de Censura”, os asistentes manifestáronse polas rúas principais da vila para rematar de novo no Concello, onde se deu lectura ao comunicado.

Entre os participantes na manifestación poidéronse ver caras coñecidas da política tanto comarcal como galega. O exvicepresidente da Xunta e exvoceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, os deputados nacionalistas Bieito Lobeira, Carlos Aymerich e Carme Adán, o alcalde de Salceda Marcos Besada, o líder dos socialistas porriñeses Iván Vaqueiro ou a socialista mosense Mª Jesús Escudero, son algúns dos asistentes á protesta.

quintanafrancés

 

noconcello

PUBLICIDADE

Un Comentario a “O Grupo do BNG do Porriño considera que o Pleno da Moción de Censura incumpre a Lei”

  • antonio dixo:

    O LOGICO E DEMOCRATICO COMO DICE LA LEY ES:
    QUE LAMOCION O SEMI MOCIO POR QUE ESTA MAL PRESENTADA SEA NULA.

    ESTES POLITICUCHOS SON LOS LOS QUE NOS GOBERNARAN EN PORRIÑO?

    ESTES QUE NO DAN LA CARA Y AUN ENCIMA HACEN LAS COSAS ESCONDIENDOSE DEL PUBLICO, AUN PARA MAS INRI LO HACEN MAL.

    SEÑOR NELSON Y COMPAÑIA HAGAN LAS COSAS BIEN O POR LO MENOS DEAN LA CARA

    Y SIGAN SIENDO MARIONETAS DE LOUZAN QUE MUCHO ME TEMO QUE SOIOS LOS TITIRITEROS DE LOUZAN.

    VIVA RAUL FRANCES.

Ler en PDF
  • A Peneira da Louriña
Publicidade
.