Os mosenses en Bos Aires participarán na Festa da Rosa e no Día da Muiñeira

bosairesmos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez e o edil de Traballo e Benestar, Gerardo Alonso, reuníronse onte en Santiago co Secretario Xeral de Emigración, José Santiago Camba Bouzas.

Os tres dirixentes municipais abordaron varios asuntos durante a entrevista. Un deles foi presentarlle ó Secretario Xeral a posibilidade de crear un Plan Local de Emigración sobre cuia formación lle plantexaron, a Santiago Camba, dúbidas e preguntas.

Ademais, a alcaldesa solicitou financiación á Secretaría Xeral para custear a viaxe dos membros dos grupos de baile e gaitas da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, que pasarían no municipio as Festas da Rosa deste ano. Arévalo adquiriu con este colectivo de mosenses, durante a súa derradeira visita a Bos Aires que se produciu fai poucos meses, a promesa de que estarían en Mos durante as Festas da Rosa do 2010. A rexedora local xa adicou unha partida de 4.000 euros do orzamento para 2010 co fin de cumplir este obxectivo que, coa axuda da Xunta de Galicia, farase realidade.

“Emociónome ó pensar que este ano a undécima parroquia de Mos (así chama Arévalo ós residentes en Bos Aires) celebrará connosco o Día da Rosa e participarán na Festa da Muiñeira”, declaraba á alcaldesa á saída da reunión en Emigración. E é que, de estar presentes os grupos de baile e gaitas da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires o Día da Muiñeira, reunirase en Sanguiñeda o mellor do folclore de Mos, xa que haberá representación de grupos de tódalas parroquias –algunhas parroquias estarán incluso representadas por ata dúas agrupacións- e destes grupos que actúan e ensaian a 12.000 kilómetros de distancia. “Se logramos cumprir este soño e logramos vivir xuntos os actos do Día da Muiñeira, será unha experiencia moi emotiva”, asegurou Nidia Arévalo.

Por último, a alcaldesa plantexoulle tamén a Santiago Camba a posibilidade de que, cando veñan este mosenses residentes en Arxentina, poidan participar en encontros para a emigración organizados pola Xunta e incluso que poidan ser partícipes do gran proxecto que se está a fraguar para a celebración do Xacobeo 2010 en Mos.

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.

Ler en PDF
  • A Peneira da Louriña
Publicidade
.