A alcaldesa de Mos, o edil de Vías e Obras e un técnico da Deputación supervisan os traballos no campo das Baloutas

baloutas

:: Prevese que as obras estarán rematadas durante o vindeiro mes de marzo ::

 A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, José María Pereira, visitaron esta mañá o Campo de Fútbol das Baloutas acompañados polo enxeñeiro da Deputación de Pontevedra e responsable dos traballos que se están a acometer, Manuel González Juanatey, e polo xefe de obra da empresa que está a realizar ditos traballos neste campo.

 O edil José María Pereira e a rexedora municipal puideron comprobar, durante a súa visita matinal de supervisión das obras nas Baloutas, que as canalizacións están xa totalmete rematadas, estase acabando de colocar a instalación eléctrica e, a continuación, procederase á pavimentación do recinto.

 Ademais, este campo de fútbol da Unión Deportiva Mos e ubicado no polígono empresarial da Veigadaña, contará cun novo peche que comezará a construir Xestur a vindeira semana, tal e como anunciaron Arévalo e González Juanatey tras a visita desta mañá.

 O enxeñeiro da administración provincial informou tamén de que o proxecto dos novos vestiarios para o campo atópase xa na Deputación. Neste sentido, prevese que o Campo de Fútbol das Baloutas estea finalizado e listo para xogar o vindeiro mes de marzo. Sen embargo, a alcaldesa insistiulle á Deputación de Pontevedra no seu especial interese por este campo e por que estea acabado o antes posible.

PUBLICIDADE

2 Comentarios a “A alcaldesa de Mos, o edil de Vías e Obras e un técnico da Deputación supervisan os traballos no campo das Baloutas”

  • Delapidando dixo:

    E a cara bonita da corporacion Mosense, ela facer non fai nada pero cara ten pa dar e tomar…e o resto pobres non saben inda onde se meteron…fagan apostas en canto temos un gurtell en Mos…

  • Flores y plantas dixo:

    Me gustaría que me dijesen porque motivo cada vez que sale una noticia de Mos en cualquier medio de comunicación SIEMPRE sale una foto en la que figura la alcaldesa en plan pose. No hay mas que ella en la corporacion? Solo trabaja ella? o es que es muy guapa?

Ler en PDF
  • A Peneira da Louriña
Publicidade
.