O BNG de Mos denuncia a situación dos colectores de lixo soterrados de San Eleuterio
O BNG de Mos denuncia, a través dun comunicado, a “penosa” situación na que se atopan os colectores de lixo soterrados da urbanización San Eleuterio. Os nacionalistas din que os os veciños saben que teñen unha avaría grave, pero existe unha preocupación crecente porque xa van moitos meses e aínda non se lle deu solución por parte do goberno de Mos.
Segundo aseguran dende as filas do BNG local a concelleira de Medio Ambiente, cando foi preguntada por este problema no pleno municipal, asegurou que teñen orzamentos encima da mesa dende 15.000 ata 30.000 €. O BNG propón que se empregue diñeiro do Segundo Plan Estatal de Fomento do Emprego e a Innovación para acabar con este “problema” que afecta a tantos veciños e veciñas-
“Sabemos e queremos por en coñecemento de todos, que o goberno de Mos vai empregar a parte destinada a gasto corrente (20% do plan) para organizar excursións e ceas”, aseguran.
Dende o BNG de Mos esixen que se acometa de inmediato a reparación dos colectores soterrados con cargo ao plan Plan E . “Queremos solucións aos problemas dos veciños, non cuchipandas e despilfarro en plena recesión económica”, rematan.

Viva as cuchipandas e os pinchos da señora marquesa!!!!