O PSdeG-PSOE anuncia unha oposición “crítica e construtiva” ao goberno de Nelson Santos

Iván Vaqueiro, valorou o posicionamento do grupo municipal socialista no pleno da moción de censura celebrado onte, como clara e contundente a hora de opoñerse a esta moción de censura que colocou un “novo goberno desunido e sen proxecto na alcaldía do Porriño.”
Vaqueiro afirmou que as primeiras declaracións do Novo Alcalde, de que “non lle temblará o pulso á hora de gobernar”, son toda unha declaración de intencións que non deberían formar parte da linguaxe dun Alcalde. “Un Alcalde debe dialogar e consensuar antes de decidir, e non tomar decisións con puño de ferro sen contar con ninguén. Se esa vai ser a súa maneira de actuar, mal empezamos”
Segundo o secretario xeral dos socialistas, o PSOE ten a misión política daquí a 2011 de asumir o rol de alternativa ó novo goberno, e tal e como anunciaron no propio pleno, “queremos ser dende xa, a alternativa a este goberno de Nelson Santos, porque Porriño non se merece a vergoña que onte, tres partidos que andiveron á gresca 3 anos, queiran gobernar Porriño sen proxecto nin ideas”
A executiva local do PSOE, realizará unha valoración do acontecido no pleno da moción de censura, e porá en marcha toda unha serie de iniciativas tendentes a sensibilizar ós porriñeses e porriñesas e a recoller as súas iniciativas para trasladalas ás institucións.
