O Secretario Xeral para o Deporte supervisa as obras nas pistas polideportivas de Abrente e Herville

xeraldeporte

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou  as obras que xa están a piques de rematar nas pistas polideportivas de Abrente, na parroquia de Torroso, e de Herville, na parroquia de Cela. O Secretario Xeral estivo acompañado en todo momento pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez.

 Tras comprobar o bo ritmo dos traballos nas pistas de Abrente e Herville, Lete Lasa felicitou ó goberno municipal pola rapidez tanto na xestión coma na execución de ditas obras. E é que foi o pasado mes de novembro cando Concello e Secretaría Xeral para o Deporte asinaban un convenio polo cal a administración autonómica asumiu a meirande parte dos gastos derivados das obras nestas pistas polideportivas, e tres meses despois os traballos están prácticamente finalizados.

 O orzamento total das obras nas dúas pistas ascende a uns 170.000 euros dos cales 108.000 serán asumidos pola Secretaría Xeral para o Deporte, tal e como se estableceu  no convenio asinado en novembro. A cantidade restante apórtaa o Concello en dúas anualidades. Neste sentido, a rexedora local agradeceu “a gran aportación económica que nos fixo a Secretaría Xeral para estas dúas pistas, nas que as obras que se están a realizar eran moi necesarias”.

 Pola súa banda, José Ramón Lete manifestouse “encantado de ter colaborado a que tódolos veciños, sen distinción de xénero nin de idade, das parroquias mosenses de Cela e Torroso, poidan practicar algún tipo de deporte ou actividade física”. 

Asimesmo o Secretario Xeral recibiu de mans da alcaldesa e do concelleiro de Deportes, durante á reunión previa á visita das pistas, posibles proxectos a realizar durante o presente ano 2010 e para os que os dirixentes municipais buscan a colaboración da Xunta de Galicia.

 

PUBLICIDADE

Un Comentario a “O Secretario Xeral para o Deporte supervisa as obras nas pistas polideportivas de Abrente e Herville”

  • Delapidando dixo:

    ostias tu, nesas pistas polos cartos que valen arreglalas, o chan tera que ser de madeira minimo, vaia animalada para arreglar duas pistas o aire libre case 30 millons das antigas pesetas, o 25% debe de ser para pinchos e comidas para cando veñen os da xunta por Mos… e veña a jastar cartos que en Mos non existe a crisis…

Ler en PDF
  • A Peneira da Louriña
Publicidade
.