Pleno da moción de censura. As frases do día…

frasespleno

Aquí tedes as frases máis destacadas extraídas dos discursos dos concelleiros no pleno de hoxe:

NELSON SANTOS:

_”Hai que deixar de andar no chimpín  e tomar decisións importantes, señor Francés”

_”Vostedes gobernaron igual que na antiga Roma, dándolle aos veciños circo e comedia”

RAÚL FRANCÉS:

_”Prefiro andar no chimpín que nun audi, como vostede”, dirixíndose a Nelson Santos.

_”Fixeron esta moción de censura para conseguir o sillón, pero coido que vostedes precisarán un tresillo”

MANUEL CARRERA

_”Vostedes foron un goberno prepotente, soberbio e ditador”

JOSÉ MANUEL JACOBO

_”O señor Francés acusa a Nelson Santos de andar nun Audi que é da súa propiedade. Vostede andivo nun Volvo que nin sequera soubo coidar”

_”Afortunadamente chegou xa ao final do seu mandato. Acomodárase tanto no posto que xa se considera un alcalde vitalicio”

IVÁN VAQUEIRO

_”O outro día, unha votante do PP despediuse de min na rúa dicindo: “Bueno Vaqueiro, vou facer a compra, aínda que non sei se mandar a un notario, agora que está de moda…”

_”Hai unha promesa que si se debería asinar ante un notario, a de que O Porriño é de todas e todos”

GONZALO ORDÓÑEZ

_”Vostede fala agora de dotes, señor Francés, pero non falaba delas cando nós lle puximos na alcaldía cos nosos votos”

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.