Vaqueiro celebra que Fomento elimine o paso a nivel “logo de aceptar a proposta que o PSOE porriñés presentou en 2007”

 

 :: Iván Vaqueiro: “Todo o mundo sabe que Nelson Santos, no 2007, foi un dos que máis criticou a proposta do PSOE do Porriño e agora ten a desvergoña política de tratar de sumarse a unha proposta que atacou e desprestixiou” ::

O secretario xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, fixo público hoxe, tras a reunión mantida co Secretario de Estado de Infraestructuras, Victor Morlán, co Delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro, co deputado socialista Luis Piña e coa Plataforma en Contra do Paso a Nivel, que Fomento impulsar as obras do tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto para o 2013 apostando pola proposta que o PSOE do Porriño de variante ferroviaria incluida na alternativa 1 do tren de alta velocidade Vigo-Oporto.

 “Trátase da confirmación de que o que defendíamos no 2007 era verdade e a mellor proposta. Estamos moi contentos de que Fomento decida impulsar a alternativa 1 e a variante ferroviaria do Porriño que nos lle propuxemos. É a confirmación de que os 6 anos de traballo que levamos os socialistas do Porriño traballando neste tema, teñen a súa confirmación definitiva.”

 Vaqueiro e Morlán trataron tamén aspectos relativos ó impulso necesario dun tren de pasaxeiros de mercancías entre Vigo e os Polígonos Industriais do Porriño, xa previsto nun recente estudio de ADIF, dada a importante cantidade de persoas que transcurren na actualidade entre Vigo-O Porriño cara as empresas da zona ou a conexión viaria Porriño-Torneiros.

 O PSOE afirma que Santos “non ten vergoña política”

 Pero o socialista foi moi duro co actual alcade Nelson Santos que agora se trata de sumar ó carro desta victoria para Porriño afirmando que “todo o mundo sabe que Nelson Santos, no 2007, foi un dos que máis criticou a proposta do PSOE do Porriño e agora ten a desvergoña política de tratar de sumarse a unha proposta que atacou e desprestixiou”.

“Se alguén loitou en solitario para que este proxecto fose adiante, foi o PSOE.  Santos tratou de hipotecar o futuro do Porriño pero agora non lle quedou outra que aceptar a proposta de Fomento como fixo onte porque era a máis sensata” “, din os socialistas. Vaqueiro pediu a Santos que “cando menos, teña a cortesía política de recoñecer o traballo dos demáis e non pretender apropiarse del. Eso tan só o fan os bancos”. Este é en todo caso, un triunfo do Porriño, de todos e todas”

 

PUBLICIDADE

Os Comentarios estan Pechados.