‘Mañás de Verán’ para os nenos mosenses
:: Trátase dunha alternativa presentada por Participación Cidadá para que ocupen as xornadas estivais matinais ::
A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil mosense Julia Loureiro organiza unha actividade estival para escolares durante os meses de xullo e agosto. A iniciativa leva por título ‘Mañás de Verán 2010’ e levarase a cabo no Colexio de Petelos en horario de 9.00 horas a 14.00 horas. Os cativos que queiran participar deberán de ser residentes en Mos ou estar escolarizados no municipio, así como ter idades dos 3 ós 12 anos.
O prazo de inscrición para as ‘Mañás de Verán 2010’ abriu hoxe e rematará o día 28 deste mesmo mes no caso da primeira quenda, e o 7 de xullo para o resto de quendas. E é que hay catro quendas diferentes para realizar esta actividade: a primeira abarcará dende o día 1 ó 15 de xullo, a segunda quenda do 16 ó 30 de xullo, a terceira do 2 ó 16 de agosto e a cuarta do día 17 ó 31 de agosto (estando sempre incluídos os días de principio e fin de cada unha das quendas).
Para facer a solicitude de inscrición as familias interesadas deben dirixirse ó departamento de Participaciín Cidadá, sito no Multiusos, ou ó Rexistro do Concello. Para solicitar máis información sobre esta iniciativa pódese chamar ó número de teléfono 986 33 94 04.

