O BNG mosense asegura que o goberno municipal non informou aos veciños sobre os cambios no Centro de Saúde
O grupo político do BNG de Mos quere manifestar o desacordo total do xeito en que se tratou o traslado das gardas médicas do sábado pola mañán ó centro de Saude de O Porriño.
Para o BNG estas maneiras de facer as cousas cun “ocultismo absoluto ós veciños e veciñas e á corporación municipal non son formas propias dos gobernos democráticos senón un funcionamento por decreto de tempos pasados”.
O BNG recorda que foi o único grupo da corporación municipal que manifestou no seu día o acordo total en que as gardas se realizaran no PAC de O Porriño por considerar que deste xeito toda a poboación de Mos ía estar mellor atendida.
“Naquel momento, en Mos só existía un modelo de garda localizada por un só médico que atendía telefónicamente e que determinaba a importancia da urxencia a distancia. Hoxe temos en O Porriño unha atención integral, completa, e de calidade que en nada se parece a aquelas urxencias de Mos. E naquel momento, tanto PSOE como PP mantivérose na defensa do sistema arcaico tradicional, incluso con manifestacións diante do concello”, sinalan
“De todos modos non entendemos que agora se varíen os sábados de mañán que eran unhas gardas de presencia no centro de saude, nin tampouco entendemos a qué criterios obedece, si a criterios médicos, de poboación, criterios prácticos, criterios de comodidade para a xente que fai as gardas ou criterios económicos de aforro para o Sergas”, rematan
