Arquivos da categoría ‘_As nosas novas’

Máis dun centenar de persoas arroupan á A PENEIRA na celebración dos seus 25 anos

  :: Persoeiros da política e da cultura acompañaron á A Peneira durante a presentación do libro “Cincocentas peneiras para 25 anos” ::

Fotos Hernández

Máis dun centenar de persoas acompañaron á A Peneira durante a presentación do libro “Cincocentas peneiras para 25 anos” que serviu tamén para celebrar o cuarto de século de vida do xornal o pasado venres. A gala, conducida pola xornalista Amparo Rodríguez, serviu para repasar os 25 anos de historia da publicación logo de que o público poidera visualizar un audiovisual e escoitar as intervencións do director do grupo editorial, Guillermo Rodríguez, e o ex-concelleiro vigués e presidente de A Nosa Terra, Miguel Barros. Seguir leendo… »

Edicións Alén Miño, do grupo editorial A Peneira, presenta o libro ‘Cincocentas peneiras para 25 anos’

 

libro

:: Preséntase o vindeiro venres día 5, ás 20:00h, no Hotel Mondariz, de Mondariz Balneario da man do doutor en Ciencias Políticas Miguel Barros ::

Políticos como Alberto Núñez Feijóo, Ceferino Díaz, Santiago Domínguez Olveira ou Alfonso Rueda, xornalistas como Caetano Díaz (director de Galicia Hoxe), José Luis Gómez (director de Xornal de Galicia), José Manuel Rey Nóvoa (director de El Correo Gallego) ou Xan Carballa (subdirector de A Nosa Terra), historiadores como Uxío Breogán-Diéguez, Francisco Carballo ou Xoan Bernárdez Vilar, o escritor Xesús Alonso Montero, o compositor Rogelio Groba, o editor Henrique Alvarellos, debuxantes como Pepe Carreiro, Xaquín Marín ou Xosé Lois, son algunhas das sinaturas que participan no libro que Edicións Alén Miño (editora do Grupo A Peneira) lanzará á rúa co gallo da saída do número 500 do seu xornal. Seguir leendo… »

A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro

valmiñor

:: O Premio de Xornalismo Nano Cambeiro  foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos e foi concecido, noutras edicións, a persoeiros da relevancia de Francisco Fernández del Riego ou Xosé  Luís Méndez Ferrín ::

Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta sétima edición, o premio ao suplemento mensual’A Peneira do Val Miñor’ do xornal ‘A Peneira’ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por incardinarse na iniciativa xornalista do xornal’O Miñor’ que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora de ‘A Peneira’ ven a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara. Seguir leendo… »

Hoxe preséntase o magazine cultural Kalaikia dedicado especialmente ao VI Festival de Cans

 

Kansentrada

 

A organización do Festival de Curtametraxes de Cans incluiu na súa programación a presentación do magazine cultural Kalaikia dedicado exclusivamente á sexta edición do certame. Será hoxe mércores , ás 21:00h. no baixo do Bar Moncho, unha das salas máis emblemáticas do Festival. Seguir leendo… »

A revista cultural Kalaikia, de A Peneira, inaugura un blog e un grupo no facebook

imaxeblog

:: Para potenciar a súa presenza veñen de encetar a campaña de promoción na rede  ’YES WE K’ ::

Unha nova era comeza para a revista cultural do xornal A Peneira, Kalaikia. Ademais dos 10.000 exemplares distribuidos mensualmente xunto ao xornal dende hai dous anos, agora tamén inauguran unha edición dixital actualizada. O blog, ao que se accede dende a web www.apeneira.com, inclúe todas as seccións que se poden ler na edición papel, que se actualizarán coa saída de cada número, así como novas actualizadas relacionados coa cultura galega. Unha hemeroteca na que se poden consultar todos os números atrasados e unha invitación para unirse ao recén creado grupo de facebook son outras das novidades do espazo. Para potenciar a súa presenza veñen de encetar a campaña de promoción ‘YES WE K’ para o que piden aos seus lectores e lectoras que “lles axuden con suxerencias e comentarios a espallar este proxecto”

Seguir leendo… »