Arquivos da categoría ‘Mos’
Reunión divulgativa no CDL de Mos para os posibles beneficiarios das axudas Leader
O Grupo de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo-Baixo Miño, en colaboración co Concello de Mos , vén de convocar para o próximo xoves 11 de marzo ás 20:00h. unha reunión no Centro de Desenvolvemento Local de Mos (Estrada de Peinador, 41- Tameiga) coas empresas, entidades e posibles promotores do concello interesados en poñerse ao corrente das axudas do Plan Leader Galiza 2007-2013. Seguir leendo… »
O BNG de Mos pregunta á Xunta sobre o paso elevado da N550 en Santa Marta
Desde o BNG de Mos, o seu reponsable local, Miguel Anxo Aldea Moscoso, quere denunciar “o desinterese que ten o actual goberno do concello de Mos, ante a inseguridade vial na zona de Santa Marta”. O deputado no parlamento, Henrique Vieitez Alonso , a instancia do grupo local do BNG, formulou unhas preguntas ao goberno da Xunta relativas a este paso elevado sobre a N550. Seguir leendo… »
Dezanove mulleres mosenses homenaxeadas polo seu ‘labor altruísta a prol dos demais’
:: O acto tivo lugar esta mañá no exterior do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller ::
Hoxe, luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebrouse a partir das 12.00 horas no Concello, un acto homenaxe ás mulleres de Mos que colaboran de xeito desinteresado e altruista nalgunha asociación ou entidade do municipio. Mulleres que adican parte do seu tempo de lecer a que outras persoas poidan participar e gozar de actividades lúdicas, formativas, deportivas e culturais; así como axudar a outras persoas ou colectivos na mellora da súa calidade de vida. Seguir leendo… »
As mulleres de Mos rescatan a súa historia a través dun obradoiro fotográfico
O pasado mércores, día 3 de marzo, deu comezo na Asociación de Veciños Chan do Bosque o obradoiro enmarcado dentro da programación do Día Internacional da Muller que organiza a concellería de Benestar Social dirixida pola edil Ana Rodríguez Cabaleiro, ‘Mulleres de Mos protagonistas da súa historia’. O obradoiro, que se realiza en horario de 17.00 a 19.00 horas, continúa esta tarde. Seguir leendo… »
O PSOE de Mos di que a restauración da Casa Reitoral de Petelos farase “grazas ao Plan Zapatero”
:: PSdeG-PSOE de Mos: “ Se Arévalo continuase co noso proxecto teríamos os terreos para a Casa do Concello e para un Centro da Terceira Idade de Propiedade Municipal ::
No Pleno Ordinario do mes de xaneiro 2.010, procedeuse á aprobación da distribución do 1.570.000 Euros do novo Plan E, dos cales preto de 400.000 € destinaranse a restauración da Casa Rectoral de Petelos para Centro de Día. O Grupo Municipal Socialista mosense, a través dun comunicado, considera que esta decisión non é a “máis axeitada” xa que tras este investimento “non se vai a poder aínda abrir o centro para maiores”. Seguir leendo… »
Mos terá en xaneiro de 2011 novos nomes e numeración nas rúas
:: O proxecto está a ser elaborado pola Universidade de Vigo e onte aprobouse en Pleno o inicio do expediente ::
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou onte o inicio do expediente do proxecto para a determinación de viais e números de vivendas do Concello de Mos. Dito proxecto pretende que en xaneiro do ano 2011 tódalas casas de Mos teñan o seu propio número e as rúas, unha placa co seu nome. Para tal fin existe xa un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo que estivo realizando traballos de campo para inventariar os viais do municipio e poñerlles nome, e enumerar as edificacións existentes. Seguir leendo… »
A pía bautismal da Igrexa de Sanguiñeda de volta a casa
:: A peza, restaurada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, colocouse de novo esta mañá no seu lugar orixinario ::
A concelleira de Patrimonio, Ana Rodríguez, recibiu esta mañá a pía bautismal da Igrexa de Sanguiñeda no propio templo ó que pertence, tras ser restaurada pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra. Seguir leendo… »
AEMOS adhírese á ‘Red Emplealia’
Unha posta en común de experiencias, compartindo recursos e esforzos, a prol da dinamización do emprego é a natureza da Rede Emplealia, á que acaba de incorporarse a Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS). Foi a propia Asociación Española de Entidades para a Formación e o Emprego a interesada en acoller a AEMOS como socio colaborador nacional, “unha motivación pola súa banda que demostra a nosa presenza e influencia no sector, o froito do esforzo e traballo diario feito desde a asociación”, explica Francisco Domínguez, xerente de AEMOS, que valora a pertenza á Rede Emplealia como “un salto de calidade e progreso”. Seguir leendo… »
O Conselleiro de Educación visitou varios centros educativos de Mos
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, visitou o Concello de Mos acompañado polo xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, César Augusto Pérez Ares, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares. Seguir leendo… »
A nadadora Celia Iglesias recibe unha placa conmemorativa do Concello de Mos polo palmarés acadado no Campionato Galego
:: Iglesias gañou tres medallas de ouro, unha de prata e o recoñecemento coma a deportista de maior idade na competición autonómica ::
Esta mañá, ás 11.30 horas, celebrouse no Concello de Mos unha recepción na honra da nadadora de 77 anos de idade, Celia Iglesias, durante a que a alcaldesa, Nidia Arévalo, lle fixo entrega dunha placa conmemorativa con motivo do espectacular palmarés acadado por esta mosense durante o recentemente celebrado Campionato Galego de Natación Máster. Seguir leendo… »






