Arquivos da categoría ‘O Porriño’
O BNG esíxelle a Santos que dea explicacións sobre as xestións realizadas en contra dos traslados de La Levantina
O Grupo Municipal do BNG do Porriño, a través dun comunicado, denuncia que, a día de hoxe, o novo goberno local “non realizou xestión algunha” para apoiar aos traballadores e traballadoras da empresa de transformación do granito La Levantina (antes Graninter) logo de saber que algúns deles poderían ser trasladados a Levante. Seguir leendo… »
Entrevista a Raúl Francés: “Nelson Santos quere ser Barros”
Raúl Francés, ex-alcalde de O Porriño. Vén de sufrir unha moción de censura. Quixemos coñecer o seu estado de ánimo. Atopámolo tranquilo e seguro de voltar ao poder nas próximas eleccións municipais. Publicamos aquí a conversa completa mantida con el na nosa redacción.
Guillermo Rodríguez/Foto: Hernández
-Que sensación che quedou do teu paso pola Alcaldía do Porriño?
-Experiencia moi grata; aprendín moito e síntome moi honrado de ter sido seis anos e medio alcalde do Porriño.
-Cales son os recursos que ten un concello como o do Porriño?
-Ten moitos recursos; o que pasa é que nós atopámonos cunha situación económica que non se correspondía co nivel de ingresos do Concello. Tivemos que sanear as contas o máximo posible e aínda así executamos moitas obras e melloramos a facenda local. Dentro da lei de facendas do Estado, os concellos son a cenicienta da administración, sobreviven ou sobrevivimos como podemos porque o Estado, dentro do seu reparto da tarta de financiamento, así como a tarta competencial permítenos ampliar moita tarta no que é ter cartos para exercer as competencias, non é así. Desde logo os concellos están afogados totalmente e iso o están dicindo, neste momento, concellos de todas as cores políticas. O Estado sempre foi moi goloso e sempre quixo quedar coa maior parte dos cartos. Parece que o Estado só é a Administración Central pero Estado son os concellos, os gobernos autonómicos, a Xunta e o Goberno Central. Por iso hai que repartir os cartos. Seguir leendo… »
O Concello do Porriño colaborará co CTAG na creación dun centro de excelencia en electrónica para vehículos intelixentes
O Goberno local do Porriño recibiu esta mañá no Concello ao director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Luis Moreno, acompañado de técnicos do centro, así como de Pedro Doñate, da empresa Xestur e do arquitecto César Portela. O alcalde, Nelson Santos, e os tenentes de alcalde Manuel Carrera, Marcelino Coto e José Manuel Jacobo escoitaron as inquietudes e proxeccións desta entidade, creada para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas ao sector do automóbil, que a día de hoxe céntranse na execución dun proxecto sectorial para o que o Concello xa lle ofreceu a súa colaboración, brindandolle “toda a axilidade e flexibilidade posible”, aseguraba o alcalde. Seguir leendo… »
Comezan as obras do depósito de augas de Salceda
A empresa CRC Obras y Servicios vén de comezar coa acta de replanteo a obra “Mellora do Abastecemento de Augas a Salceda dende O Porriño” por un importe de 1.604.164 € Seguir leendo… »
O Concello do Porriño planta castiñeiros e carballos en Os Cabreiros, na parroquia de Chenlo
Máis de 30 escolares do CPI de Ribeira (Torneiros) participaron esta mañá na plantación duns 70 castiñeiross e carballos para conmemorar o Día Mundial Forestal, que se celebrará o vindeiro domingo, día 21 de marzo, coa entrada da primavera. Membros do Goberno local e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, quixeron acompañar a estes estudantes de 5º curso de Educación Primaria, acompañados da súa directora e profesores, para promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal na nosa Comunidade. Seguir leendo… »
O PSOE pide ao goberno local que non marxine ao Polígono de As Gándaras
:: O Secretario de Economía da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE do Porriño, Carlos Díaz Casales e o Voceiro Municipal socialista, Iván Vaqueiro pediron un compromiso de inversión do goberno local e da nova Xunta de Galicia para executar un plan de mellora integral do polígono ::
O portavoz socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, valorou hoxe positivamente que se melloren o mantemento do polígono empresarial de A Granxa, anunciado recentemente polo goberno local, pero esixiu o mesmo tratamento para o Polígono de As Gándaras, e conminou ó goberno local a non marxinar ó polígono de As Gándaras, que pola súa antigüedade, necesita tamén moita atención. Seguir leendo… »
O Concello do Porriño expón in situ as súas liñas de actuación na mellora e conservación do Polígono da Granxa
:: Marcelino Coto e Manuel Carrera mantiveron un encontro de traballo co presidente e xerente da entidade no que acordaron por a disposición catro traballadores do Concello para labores de limpeza e mantemento ::
Marcelino Coto e Manuel Carrera, tenentes de alcalde e concelleiros de Industria e Vías e Obras, respectivamente, reuníronse no Polígono da Granxa con Indalecio Covas e David Sobral, presidente e xerente da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, para dar forma a un convenio de colaboración mutua ao que acordaran chegar. Dada a importancia do tecido empresarial asentado no municipio porriñés, “é esencial que o Goberno local tenda a man aos empresarios e establézase unha colaboración mutua”, explica Marcelino Coto.
O Porriño celebra a II Feira de Stocks durante a fin de semana
:: A feira de oportunidades comporase de 30 postos de variada oferta, situados na zona peonil en horario initerrompido. Haberá inchables, música ambiental e as cafeterías e restaurantes permanecerán abertos ::
A II Feira de stocks no Porriño Merca na rúa foi presentada no Concello pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro; o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto e a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez.
O PSOE esixe a Nelson Santos que diga “se tiña permiso de Patrimonio para intervir na Fonte do Cristo”
:: O PSOE constatou que os técnicos municipais de urbanismo descoñecían esta reforma, “sen proxecto e sen permiso da Xunta de Galicia”, e que podería ser considerada como falta “moi grave” pola Lei::
O secretario de educación e cultura da comisión executiva local do PSdeG-PSOE do Porriño, Miguel Táboas Sequeiros, informou hoxe da “preocupación” que moitos porriñeses e porriñesas están a amosar estes días logo das accións levadas a cabo polo novo goberno local que decidiu iniciar obras de mantemento da Fonte do Cristo do Porriño, unha obra do arquitecto Antonio Palacios, sen dar parte a Direccion Xeral de Patrimonio da Conselleria de Cultura e sen ter proxecto tecnico nin supervision dun técnico facultativo. Seguir leendo… »
O Concello do Porriño e AIMEN colaborarán na “creación de emprego”
Membros do equipo de Goberno do Porriño acudiron ao Centro Tecnolóxico AIMEN, situado en Torneiros, para coñecer máis de preto o labor desta asociación privada que desenvolve tecnoloxías aplicables a todos os sectores industriais. O alcalde Nelson Santos asistiu acompañado dos concelleiros Manuel Carrera, Marcelino Coto, José Manuel Jacobo, Alejandro Lorenzo, Mª Carmen Palacín e Rosa Morais, que en breve entrará a formar parte do equipo de Goberno, e de Alberto Durán, técnico de Marketing de Emprego do Concello do O Porriño. Seguir leendo… »









