Arquivos da categoría ‘Salceda de Caselas’
Comezan as obras do depósito de augas de Salceda
A empresa CRC Obras y Servicios vén de comezar coa acta de replanteo a obra “Mellora do Abastecemento de Augas a Salceda dende O Porriño” por un importe de 1.604.164 € Seguir leendo… »
Salceda mellorará o saneamento e as escolas
O Concello de Salceda de Caselas xa puxo en marcha as obras presentadas para o Fondo Estatal de Emprego e Sostibilidade Local. Os trámites comezaron o pasado 27 de outubro de 2009 cando apareceron publicadas no BOE. Salceda, con 7.938 habitantes, se lle asigna un total maximo de 858.156 € Euros, (142.785.144 ptas) Seguir leendo… »
Centos de persoas concéntrase contra a moción de censura no Porriño


:: Para o vindeiro venres a Plataforma organiza de novo unha concentración no mesmo lugar e á mesma hora ::
Centos de persoas déronse cita onte venres na Praza do Concello durante a concentración organizada pola Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño. Preto de catrocentos veciños ateigaron o lugar e berraron consignas como “Non a moción”, “Louzán, mamón, non queremos a moción” ou “Nas rebaixas se mercaron ao da Caixa”, en referencia ao líder de CxP, Nelson Santos. Seguir leendo… »
Besada: “Non dispoñemos dun campo de herba artificial por intereses políticos”

:: O alcalde de Salceda asegura que o presidente da Deputación non tivo a “cortesía de recibir nin ao Concello nin ás tres asociacións deportivas” ::
O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e a Concelleira de Deportes, Teresa Pérez do Concello de Salceda de Caselas, fixeron o que consideran unhas “necesarias aclaracións” con respecto ó campo de Fútbol de herba artificial do Penedo Redondo. A través dun comunicado, acusan á Deputación Provincial de Pontevedra de non querer acometer esta obra no municipio así como de non querer recibir ao Alcalde nin ás tres asociacións deportivas do Concello para falar do asunto. Seguir leendo… »
‘Os Bolechas’ chegan a Salceda de Caselas

Os coñecidos “Os Bolechas”, de grande éxito entre os máis cativos chegan por fin a Salceda de Caselas. Foi presentado o libro que leva por título “Os Bolechas van de viaxe. Vacacións no Pazo de Pegullal”, e que achega a estes divertidos personaxes ao Concello de Salceda de Caselas. O acto contou coa presenza do guionista e debuxante Pepe Carreiro, que agasallou aos rapaces con debuxos personalizados que lles fará no mesmo momento da presentación. Todos os nenos e nenas do CEP Altamira leváronse á casa un exemplar do libro. Tamén os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta recibirán un exemplar do mesmo, pero neste caso serán os propios Melchor, Gaspar e Baltasar os encargados de entregarllos persoalmente. Seguir leendo… »
O concello de Salceda reorganiza o mercadiño dos mércores

O próximo mes de xaneiro os postos do mercadiño do mércores de Salceda de Caselas serán reorganizados segundo as instruccións do Concelleiro de Réxime Interior, Martín Iglesias. O obxectivo é optimizar o espacio da recentemente ampliada Praza do Concello trasladando dende a Rúa Pontevedra ós comerciantes que nela se situaban cada mércores.
O PP de Salceda insta ao Concello a que tome medidas inmediatas respecto da depuradora local

:: Din que o gasto nas múltiples reparacións da depuradora local é excesivo, xa que traballando ao 30% do seu rendemento “funciona tantos días como está estragada” ::
Tempo despois de que o Partido Popular de Salceda de Caselas lle esixise responsabilidades ao Goberno municipal polos malos cheiros que desprenden as augas do río Caselas ao seu paso polas parroquias de Cabreira e Entenza, finalmente, ao non quedarlle outra alternativa, optou por ver a realidade: os múltiples vertidos directos que alí chegan, e comezou a executar as obras de limpeza. Non entanto, os vertidos que proveñen da depuradora local están a contaminar as aguas deste río, pois “as instalacións non son as axeitadas e as máquinas funcionan ao 30% do seu rendemento”, explica o concelleiro Santiago Rodríguez Davila. É excesivamente elevado o custo das múltiples reparacións, “pero tampouco podemos quedarnos de brazos cruzados á espera de que comece a funcionar a EDAR de Guillarei”, sinala o edil popular, “o Goberno local debe adoptar as medidas oportunas de xeito inmediato”. Seguir leendo… »
Santiago Rodríguez Davila asegura que ‘traballará como un máis en beneficio de Salceda’

:: O edil popular tomou posesión no pleno celebrado onte venres ::
Foi na tarde-noite do pasado venres, durante a celebración do pleno ordinario, cando Santiago Rodríguez Davila tomou posesión como concelleiro do Partido Popular na Corporación Municipal de Salceda de Caselas. Seguir leendo… »
O Bloque Nacionalista Galego pide a continuidade das oficinas de I+B (Igualdade e Benestar) na comarca

En rolda de prensa na que compareceron as concelleiras nacionalistas responsables das áreas de servizos sociais dos gobernos municipais de Salceda de Caselas e O Porriño, Mónica Vizcaya e Obdulia Diniz, xunto coa deputada responsable desa área no Parlamento Galego Carme Adán e do responsable comarcal do BNG Francisco Chivite, o BNG denunciou o grave atraso que para todos os concellos da comarca do Condado-Paradanta e Louriña supón o desmantelamento iniciado pola Xunta de Galicia das oficinas de Igualdade e Benestar inseridas na rede de servizos sociais impulsada dende o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Seguir leendo… »
A Xunta aproba definitivamente o depósito de augas para Salceda

O Consello da Xunta aprobou o acordo polo que se regula a colaboración técnico- financeira do Goberno galego cos concellos de Salceda de Caselas e O Porriño para a execución de obras de mellora do abastecemento que require o investimento dun total de 2.099.759 euros.
Cómpre salientar que a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos achegará un importe de 1.749.729 euros distribuídos en dúas anualidades. Seguir leendo… »


