Así celebrou O Porriño o pase da selección española á final do Mundial (en imaxes)

Seguir leendo… »

Concello do Porriño e Xunta asinan un convenio para programas de asistencia e prevención de drogodependendias

O alcalde do PorriñoNelson Santos vén de asinar en Santiago de Compostela coas consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a de Sanidade dous convenios, un para a realización de programas de prevención de drogodependencias e adiccións sociais e comportamentales e outro para a realización do programa de prestación de asistencia a drogodependencias (adiccións). Desta maneira, a Unidade Asistencial de Drogodependecias do Porriño recibirá unha axuda económica de 279.063 euros para beneficio dos seus centos de usuarios que acoden en busca dun tratamento e solución ao seu problema de adicción. Seguir leendo… »

O PSOE porriñés comeza a definir a súa campaña electoral

:: A Agrupación Socialista do Porriño celebra este venres día 2 unha asamblea ordinaria para comezar a planificar a campaña electoral de 2011 ::

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro informou hoxe que este venres ás 20:30 horas, a Agrupación Socialista do Porriño, celebrará unha asamblea ordinaria para comezar os traballos preparatorios das eleccións de 2011, valorar a situación política local e definir a súa estratexia como alternativa ó goberno tripartito do Porriño. Seguir leendo… »

Avanzan as obras no Paseo do Río Louro

:: Nas últimas semanas instaláronse dúas pasarelas e realizáronse labores de limpeza do trazado do sendeiro ::

 As obras no Paseo do Río Louro en Mos levan varias semanas en marcha e ata o de agora acometéronse xa a cimentación e instalación de dúas pasarelas, así coma traballos de desbroce e limpeza da traza do sendeiro. Seguir leendo… »

O BNG mosense asegura que o goberno municipal non informou aos veciños sobre os cambios no Centro de Saúde

O grupo político do BNG de Mos quere manifestar o desacordo total do xeito en que se tratou o traslado das gardas médicas do sábado pola mañán ó centro de Saude de O Porriño. Seguir leendo… »

Deteñen ao presunto autor das pintadas en establecementos porriñeses que tiñan bandeiras de España co gallo do Mundial

 

Desde a Concellaría de Tráfico, dirixida por José Manuel Jacobo, infórmase da detención do presunto autor de varias pintadas e hurtos de bandeiras de España esta madrugada na vila do Louro. Seguir leendo… »

Reinicíaronse as obras do novo campo de herba artificial do Lourambal

No prazo aproximado dun mes, o Concello do O Porriño contará cun novo campo de herba artificial despois de reiniciarse as obras no Lourambal 2, situado na parroquia de Torneiros. Seguir leendo… »

O Concello do Porriño activa unha campaña de control de velocidade por radar

O Concello do O Porriño a través da Concellaría de Tráfico, dirixida por J. M. Jacobo, puxo en marcha unha campaña de control de velocidade mediante un radar móbil. Seguir leendo… »

Rematou o Campus de Verán do Concello para os nenos e nenas mosenses

O Pavillón Óscar Pereiro acolleu un acto de entrega de diplomas ós rapaces mosenses participantes no Campus de Verán.  Recibíronnos de mans do concelleiro de Deportes, Alberto Méndez Lago, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. Seguir leendo… »

Asociacións de Salceda piden que non se traslade o servizo de urxencias a O Porriño

A Asociación de Veciños Caselas, a Asociación de Veciños Carballeira de Picoña, a Asociación de Veciños de San Xorxe, a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias e a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda queren manifestar a súa total desconformidade co traslado do servizo de urxencias que se ven prestando os sábados pola mañá no Centro Médico de Salceda para o Centro Medico de Porriño, que se prevé se produza para o 3 de xullo. Seguir leendo… »

Ler en PDF
  • A Peneira da Louriña
Publicidade
.