Etiquetas ‘Chenlo’
Chenlo celebra a súa festa gastronómica do ‘Cabrito o espeto’
:: O evento que se celebrará o vindeiro domingo, 1 de agosto, foi presentado este mediodía por Nelson Santos, Lucía Molares, Rafael Louzán e M. Alejandro Lorenzo, que cualificou a festa como unha mostra de unión e complicidade de todos os veciños ::
Degustar un bo cabuxo “ou espeto”, acompañado de boa música e as mellores vistas da val de Louriña nunha paraxe natural inigualable, é a oferta que desde a Entidade Local Menor de Chenlo e o Concello do O Porriño envíase a todos os veciños e visitantes para este domingo día 1 de agosto. Seguir leendo… »
O BNG responsabiliza á Entidade Local de Chenlo de autorizar os sondeos para a canteira
O Bloque Nacionalista Galego considera que Alejandro Alonso, actual presidente da Entidade Local de Chenlo e concelleiro do goberno do Concello do Porriño, “falta a verdade e engana aos veciños de Chenlo” coas declaración feitas aos medios na fin de semana sobre o proxecto da canteira en Chenlo. Seguir leendo… »
O PSOE porriñés esixe un compromiso municipal para evitar a canteira en Chenlo
O Grupo Municipal Socialista saiu hoxe ao a paso das declaración realizadas polo concelleiro e presidente da Entidade Local Menor de Chenlo para esixirlle ó Concello un compromiso plenario de oposición á Canteira de Chenlo. Seguir leendo… »
O Concello do Porriño planta castiñeiros e carballos en Os Cabreiros, na parroquia de Chenlo
Máis de 30 escolares do CPI de Ribeira (Torneiros) participaron esta mañá na plantación duns 70 castiñeiross e carballos para conmemorar o Día Mundial Forestal, que se celebrará o vindeiro domingo, día 21 de marzo, coa entrada da primavera. Membros do Goberno local e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, quixeron acompañar a estes estudantes de 5º curso de Educación Primaria, acompañados da súa directora e profesores, para promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal na nosa Comunidade. Seguir leendo… »
O PSOE amosa a súa ‘preocupación’ polo proxecto dunha canteira en Chenlo
O voceiro municipal socialista, Iván Vaqueiro afirmou hoxe, tras asistir onte, xunto con varios membros da executiva local socialista, á reunión veciñal convocada pola asociación de veciños de Chenlo, sobre a proposta da empresa David Fernandez, de establecer unha canteira no barrio da Granxa en Chenlo de máis de 120.000 metros cuadrados, que o grupo socialista requerirá o Concello e a Minas información do estado de tramitación deste proxecto ó que se opón ó considerar que “ empeora claramente a calidade de vida dos veciños, non aporta nada a parroquia e temos serias dúbidas de que non invada a zona definida como ampliación do parque natural de Monte Aloia, que Xunta pretende ampliar ata o Galiñeiro” Seguir leendo… »




