Etiquetas ‘entrevista’
Iván Vaqueiro: “Queremos ilusionar a O Porriño cun proxecto progresista”
Iván Vaqueiro, 32 anos, é o voceiro municipal e secretario xeral do PSdeG-PSOE do Porriño. Esta conversa pecha a rolda de entrevistas que neste xornal estamos a facer dende finais do ano pasado aos diferentes líderes políticos porriñeses. Segundo poidemos albiscar durante a entrevista, Vaqueiro séntese seguro de que “é o momento do PSdeG” no Porriño e que o seu partido é unha alternativa “real” de goberno. A súa relación co novo executivo local e co BNG, a postura do seu partido cara ao 2011 e temas de importancia municipal como o paso a nivel ou o desenvolmento econòmico centraron á entrevista.
A.R/O PORRIÑO
-Logo da moción de censura, como ve O Porriño e o seu goberno?
-O noso grupo mantén unha oposición construtiva en defensa dos intereses xerais dos porriñeses. Por elo, debemos sinalar en primeiro lugar que este goberno nin sequera leva 100 días ó fronte do Concello, polo tanto é pronto para facer unha avaliación global por áreas. Onde si debemos criticar con contundencia ao goberno local é no feito de que queira restrinxir a actividade da Corporación Municipal que representa ó pobo de Porriño. Nesta cuestión concreta a alcaldía amosa un preocupante talante antidemocrático que eu lle invito a correxir. Seguir leendo… »
Entrevista a Raúl Francés: “Nelson Santos quere ser Barros”
Raúl Francés, ex-alcalde de O Porriño. Vén de sufrir unha moción de censura. Quixemos coñecer o seu estado de ánimo. Atopámolo tranquilo e seguro de voltar ao poder nas próximas eleccións municipais. Publicamos aquí a conversa completa mantida con el na nosa redacción.
Guillermo Rodríguez/Foto: Hernández
-Que sensación che quedou do teu paso pola Alcaldía do Porriño?
-Experiencia moi grata; aprendín moito e síntome moi honrado de ter sido seis anos e medio alcalde do Porriño.
-Cales son os recursos que ten un concello como o do Porriño?
-Ten moitos recursos; o que pasa é que nós atopámonos cunha situación económica que non se correspondía co nivel de ingresos do Concello. Tivemos que sanear as contas o máximo posible e aínda así executamos moitas obras e melloramos a facenda local. Dentro da lei de facendas do Estado, os concellos son a cenicienta da administración, sobreviven ou sobrevivimos como podemos porque o Estado, dentro do seu reparto da tarta de financiamento, así como a tarta competencial permítenos ampliar moita tarta no que é ter cartos para exercer as competencias, non é así. Desde logo os concellos están afogados totalmente e iso o están dicindo, neste momento, concellos de todas as cores políticas. O Estado sempre foi moi goloso e sempre quixo quedar coa maior parte dos cartos. Parece que o Estado só é a Administración Central pero Estado son os concellos, os gobernos autonómicos, a Xunta e o Goberno Central. Por iso hai que repartir os cartos. Seguir leendo… »
Nelson Santos: “Estamos traballando como un grupo compacto e homoxéneo, sen fisuras”
Mércores día 10. O fotógrafo e máis eu estabamos citados para as 9:30h. Chegamos á alcaldía 10 minutos antes, o recén estreado alcalde do Porriño, Nelson Santos, sae a saudarnos ao momento e convídanos a entrar no despacho. Acomoda a mesa de reunións e achega un par de cadeiras. Mentres o fotógrafo comeza o seu traballo eu prendo a gravadora e avísolle: “durante a entrevista voute tratar de vostede, é o habitual…”. Pídeme por favor que non, dime que prefire o “tuteo”. Comezamos así unha conversa de preto de vinte minutos na que as polémicas da subida dos soldos e os recortes anunciados en Cultura tiveron protagonismo. a entrevista foi realizada o día antes do pleno extraordinario na que foi aprobado o incremento dos salarios dos novos concelleiros.
Diego Giráldez/Fotos:Hernández
-Que tal a aterraxe na alcaldía?. Supoñemos que o cambio na túa vida cotiá foi importante…
-Evidentemente foi un cambio importante, aínda que veño dunha empresa privada na que estaba acostumado á xestión. É certo que a complexidade na xestión da administración local é moi diferente á do sector privado, pero tanto eu como todo o equipo de goberno está aplicando a súa experiencia e a súa profesionalidade nesta nova tarefa. Seguir leendo… »
Xosé Manuel Martínez Ojea: “Cada vez queda máis claro que a poboación non demandaba o cambio de goberno”

Diego Giráldez
-Dende que vostedes deixaron o goberno, en que cre que cambiou o municipio?
-O novo goberno vendeu a súa entrada como un cambio radical, ao cabo de pouco tempo a xente se decatou de que o cambio foi cara atrás. Non hai xente con gañas de traballar con dedicación polo Concello, tratábase tan só dun asalto ao poder. O poder o conseguiron pero chegaron a el sen ideas. Cada vez queda máis claro que a poboación non demandaba o cambio de goberno. Cambiaron a fotografía, a escenografía, pero nada máis. O peor que lle pode pasar a unha sociedade é que lle obriguen a cambiar sen querelo. Seguir leendo… »



