Etiquetas ‘Manuel Carrera’
Manuel Carrera fai un “balance positivo” da súa primeira semana no goberno
Ao cumprirse unha semana ao fronte da Primeira Tenencia de Alcaldía do Concello do Porriño, Manuel Carrera valora moi positivamente “o esforzo destes días por comezar a poñer en marcha todo o traballo acumulado polo anterior goberno”. Seguir leendo… »
Manuel Carrera: ” O PP decidiu ser máis xeneroso que os outros partidos porque entende que o cambio é o mellor para O Porriño”
Ramón Couñago
-Por que unha moción de censura agora?
-A moción de censura é necesaria porque un goberno en minoría non pode levar a cabo a xestión dos orzamentos. Hai que darse de conta que O Porriño leva dous anos sen orzamentos, os últimos que se aprobaron foron no 2008. No 2009 nen sequera se presentou ningún orzamento. Un oncello como O Porriño non pode estar nesta situación porque isto afecta ás inversións. Estamos vendo o caso, por exemplo, de subvencións da Xunta de Galicia que non poden ser levadas a cabo dende o concello porque este non ten un orzamento prantexado para esas inversións. O Concello do Porriño precisa un goberno en maioría para respaldar calquer partida ou proxecto que se presente. Un goberno en maioría ofrece maior estabilidade. Os investimentos teñen mellor garantía nun goberno en maioría e o actual non o é. Seguir leendo… »

