Etiquetas ‘moción de censura’
Nelson Santos é proclamado Alcalde do Porriño

:: O alcalde saínte, Raúl Francés, remata a súa intervención dirixíndose aos veciños do municipio cun “Axiña voltamos” ::
Diego Giráldez /FOTO: Hernández
Dende as primeiras horas da mañán xa se podía ver xente na porta principal de entrada ao salón de plenos do Concello para asegurarse un sitio no interior e poder ver, de primeira man, a sesión de debate da moción de censura que levou ao líder de Ciudadanos por Porriño (CxP) Nelson Santos a coller o bastón de mando do municipio. Ao mesmo tempo, varios técnicos instalaban catro pantallas de plasma na Praza para que os veciños que estaban no exterior poideran seguir o desenvolvemento da sesión. Seguir leendo… »
O Grupo do BNG do Porriño considera que o Pleno da Moción de Censura incumpre a Lei

:: Arredor de 400 persoas participan na manifestación convocada pola Plataforma Contra a Moción de Censura ::
O Grupo Municipal do BNG do Porriño, ven de presentar no Rexistro do Concello un Recurso contra a Convocatoria do Pleno Extraordinario da Moción de Censura, porque nela se incumpren gravemente as condicións que marca a lei para a súa presentación. Seguir leendo… »
A Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño convoca para hoxe unha nova concentración

:: Será ás 20:00h. na Praza do Concello ::
A Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño convoca para hoxe venres, ás 20:00h. na Praza do Concello unha nova concentración rexeitando a moción presentada polos tres grupos de centrodereita que o vindeiro luns será debatida nun pleno extraordinario.
Desde a Plataforma , animan a esa “inmensa maioría de veciños e veciñas en desacordo coa moción, incluídas as persoas que nas últimas eleccións depositaron a súa confianza nuns partidos da dereita que traizoaron o seu mandato, a participar dos actos de protesta convocados”.
O Goberno do Porriño presenta once proxectos para os Fondos Estatais por valor de 1.850.000 euros

:: Raúl Francés: “Os grupos da dereita son tan irresponsábeis que presentan unha moción de censura a tres días do remate do prazo para presentar proxectos para os Fondos Estatais 2010, sen tempo suficiente para elaborar proxecto algún” ::
O Goberno do Porriño, co seu Alcalde, Raúl Francés, á cabeza, anunciou hoxe os proxectos presentados polo concello porriñés ao Fondo Estatal 2010. Estes fondos estatais de inversión local teñen como data límite para a presentación de proxectos o vindeiro 4 de febreiro. Seguir leendo… »
Guillerme Vázquez esíxelle a Feijóo que explique “por que o PP presenta no Porriño unha moción ilexítima contra a lista máis votada”

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de “esconderse e non dar a cara como líder do PP” para explicarlle aos galegos e galegas “por que o seu partido presenta no Porriño unha moción de censura ilexítima e vergoñenta, contra o BNG, que foi a lista máis votada”. Seguir leendo… »
Centos de persoas concéntrase contra a moción de censura no Porriño


:: Para o vindeiro venres a Plataforma organiza de novo unha concentración no mesmo lugar e á mesma hora ::
Centos de persoas déronse cita onte venres na Praza do Concello durante a concentración organizada pola Plataforma Contra a Moción de Censura do Porriño. Preto de catrocentos veciños ateigaron o lugar e berraron consignas como “Non a moción”, “Louzán, mamón, non queremos a moción” ou “Nas rebaixas se mercaron ao da Caixa”, en referencia ao líder de CxP, Nelson Santos. Seguir leendo… »
O PSOE di que a mocion de censura faise por medo a perder O Porriño en 2011

Os membros do grupo municipal socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, Josefa Sío y Fernando Rodríguez, acompañados do deputado e Sº de Organización Provincial do PSOE. Luis Gómez Piña, realizaron hoxe unha primeira valoración política da moción de censura presentada polos partidos PP, CxP e IdeP co obxectivo de situar a Nelson Santos, lider de CxP na Alcaldía do Porriño, afirmando que “esta moción de censura, se chega, chega fora de tempo, non resolve os problemas dos porriñeses e vai introducir parálise e confusión daquí ó 2011. Só se fai por unha razón, o medo de Rafael Louzán a perder Porriño e a Deputación de Pontevedra”, afirmou Iván Vaqueiro Seguir leendo… »
Gonzalo Ordóñez: “ Nunca tiven ambicións políticas de ningún tipo. Ilusións si, pero non ambicións”

D.G
-A un ano das eleccións era necesario presentar esta moción?
-Era necesario facer un esforzo por todos os partidos que representan o segmento vencedor das pasadas eleccións municipais para sacar a O Porriño desta parálise. Gostaríanos que este acordo chegara antes, pero creo que un ano e medio é suficiente para volver a dinamizar o noso municipio.
-Presenta vostede a dimisión despois do pleno de debate da moción?
-Si, deixo a corporación municipal. É necesario acotar os prazos para formar un goberno. Eu participei na estrutura do novo goberno, pero chegou o momento de deixalo.
-Cal é o seu futuro político?
-Nestes momento o meu único futuruo é seguir traballando no meu despacho, que é do que vivín sempre. Nunca tiven ambicións políticas de ningún tipo. Ilusións si, pero non ambicións.
-Confía en que Nelson Santos sexa un bo alcalde para O Porriño?
-Eu confío en que o goberno conxunto resposte ás ilusións que todos poñemos en el. Ese é o meu desexo.
PP, IdeP e CxP presentan a moción de censura no Porriño

Fotos Alfredo Hernández
Unha notaria, en nome do PP e as formacións independentes Ciudadanos por Porriño e Independentes de Porriño, presentou no Concello- pasadas as 10 e media da mañá-, a moción de censura que desbancará da Alcaldía ao actual rexedor, o nacionalista Raúl Francés. Seguir leendo… »
Manuel Carrera: ” O PP decidiu ser máis xeneroso que os outros partidos porque entende que o cambio é o mellor para O Porriño”
Ramón Couñago
-Por que unha moción de censura agora?
-A moción de censura é necesaria porque un goberno en minoría non pode levar a cabo a xestión dos orzamentos. Hai que darse de conta que O Porriño leva dous anos sen orzamentos, os últimos que se aprobaron foron no 2008. No 2009 nen sequera se presentou ningún orzamento. Un oncello como O Porriño non pode estar nesta situación porque isto afecta ás inversións. Estamos vendo o caso, por exemplo, de subvencións da Xunta de Galicia que non poden ser levadas a cabo dende o concello porque este non ten un orzamento prantexado para esas inversións. O Concello do Porriño precisa un goberno en maioría para respaldar calquer partida ou proxecto que se presente. Un goberno en maioría ofrece maior estabilidade. Os investimentos teñen mellor garantía nun goberno en maioría e o actual non o é. Seguir leendo… »

