Artistas locais de proxección nacional conforman o cartel do Rock no Río 2010 de Gondomar

 

ivan_ferreiro_15_inma_varan ::::: A terceira edición do festival celebrarase este sábado no Parque das Ánimas coas actuacións de Iván Ferreiro, Moon Cresta, Ganjahr Family e Blue Jeans ::::::

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso, coordina esta fin de semana a organización terceira edición do festival Rock no Río, que se celebrará o sábado 14 a partires das 21.30 horas no Parque das Ánimas. A Concellería de Cultura de Gondomar destaca o alto nivel do cartel deste ano, que contará coa presencia de artistas locais xa consagrados e outros con proxección nacional. Rock no Río confórmase deste xeito como o gran festival de rock e pop galego e como unha plataforma única para a súa promoción. A entrada é gratuíta.

Seguir leendo… »

Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos

iem Continúan as Xeiras 2010 que organiza o IEM. A sexta rota deste verán levaranos a repetir unha das xeiras que máis éxito tivo o anterior ano:

Noite de estrelas e lobos

Mércores, 11 de agosto de 2010

Hora: 22,00

Saída de Chan da Lagoa (Baiona)

Guías: Xosé Lois Vilar, Xilberte Manso, Gustavo Sanromán (Asociación Astronómica Rías Baixas)

Xeira que comeza co punto de encontro ás 22 h. do mércores 11 de agosto na Chan da Lagoa, no concello de Baiona. Para os que veñen de fóra, hai que subir pola estrada da Virxe da Roca.

Despois de xuntarnos todos, continuaremos en coche ata a Cruz de Pao, uns 11 km. Agora toca andar e ver o campo de mámoas antes de chegar ao Foxo Pedriño para escenificar a captura do lobo.
Co lobo xa no foxo, metaforicamente falando, tocaralle a quenda as estrelas.
RECOMENDACIÓNS: Roupa de abrigo, levade algunha manta ou toalla grande para por no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. Levade bebida quente ( chocolate, café, té, etc) lanterna e algún instrumento para facer ruído para espantar o lobo.
Algo para comer e moitas ganas de gozar da natureza con respecto e agarimo.

GONDOMARDOCUMENTA

Continua o ciclo GONDOMARDOCUMENTA, organizado polo IEM e ACHEGO coa colaboración do Cancello de Gondomar. O próximo martes, 10 de agosto, ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar, proxectarase o documental de Rafael Cid “Queda alguén aí?”

Seguir leendo… »

A rapaza do Val Miñor, Mireya Represa Pérez, proclámase Campioa de España en categoría benxamín de xadrez

Mireya Este domingo ven de rematar o Campionato de España de Xadrez en categoría benxamín no hotel Anibal en Linares (Jaen). Neste escenario considerado o Wimbledon do xadrez (tódolos campións mundiais dos últimos trinta anos xogaron aquí, e foi onde Kasparov anunciou a súa retirada do xadrez de competición), unha rapaza do Val Miñor, Mireya Represa Pérez, acaba de proclamarse Campioa de España en categoría benxamín. Deste xeito Mireya e o extremeño Iñigo López, campión masculino representarán o xadrez español no Campionato da Comunidade Europea en Mureck (Austria) do 3 ao 12 de agosto, e no Mundial Individual Benxamín en Haldaki (Grecia) do 19 ao 31 de outbro.

Seguir leendo… »

A obra infantil “Menos Lobos”, de Talía Teatro, clausura a Mostra de Teatro Primavera 2010 en Gondomar

A Mostra de Teatro Primavera 2010, organizada por a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar en colaboración con Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais), chega ao seu fin coa representación da obra “Menos Lobos”, de Talía Teatro. O espectáculo está  dirixido a un público infantil. As entradas son de un prezo único de 3,5 euros. Seguir leendo… »

LEER EN PDF
  • A Peneira do Val Miñor
Publicidade
.